Chega o último día do Campamento de Nadal de Soutomaior
Por Redacción
Dentro do chamado Nadal das Persoas, o Concello de Soutomaior promoveu un Campamento de Nadal.
Unha cita organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) dende o pasado luns 26 ata este venres 29 de decembro. A actividade tivo lugar no Multiusos de Arcade e contou coa participación de máis de 50 pequenos e pequenas de entre 3 a 14 anos.
Para favorecer a conciliación, o campamento contou con 4 opcións de horario que se estendeu dende as 8 da mañá ata ás 15:00 h. todos os días.
Nesta xornada de peche, recibiron a visita do alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, que lles desexaron un 2024 "cheo de alegrías e de ilusión".
Foron días de obradoiros vencellados co Nadal que remataban cunha actividade lúdica que permitiu, aos que se animaron, marchar ás súas casas caracterizados da personaxe que desexaron grazas a un pintacaras.
Relacionadas:
-
O Espazo Concilia oferta 50 prazas esta Semana Santa para as familias de Soutomaior
Por Redacción |
-
Soutomaior prepárase para a visita real aos barrios e para celebrar a Cabalgata
Por Redacción |
-
Os Reis Magos reparten, en Soutomaior, 4.000 calendarios adicados a Luís Seoane
Por Redacción |
-
Soutomaior promete un Nadal "solidario, comprometido, diverso e inclusivo"
Por Redacción |
-
'Eu quero local' abre o Nadal no comercio e hostalaría de Soutomaior
Por Redacción |