Rouban biondas das estradas provinciais para vender coma chatarra
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ven sufrindo nos últimos tempos reiterados roubos de maquinaria e material das súas brigadas de obras tanto nos diversos traballos que realiza en diversos puntos da provincia como nas instalacións dos cinco parques comarcais onde se ubican as brigadas.
En todos os casos, a Deputación denuncia os feitos e personase, como acusación particular, nos diversos xuizos.
O venres, personas desconocidas cortaron as biondas de seguridade instaladas na estrada Insúa-Chaín, en Pontecaldelas empregando diversa ferramenta cortante e desatornillando as citadas biondas.
Roubos similares tiveron lugar noutras estradas da rede provincial onde, en diversos puntos dos seus 1.800 kilómetros, os ladróns cortaron os quitamedos previsiblemente para vender como chatarra.
Nos últimos tempos, a institución provincial pontevedresa invisteu perto de 2 millóns de euros na instalación destas biondas tan demandas polos moteiros, ciclistas e outros usuarios de vehículos.
As sustraccións non se limitan as biondas. No parque comarcal de Vías e Obras de Codeseda (A Estrada) desapareceu unha desbrozadora e outros materiais. No que se ubica en Ponteareas, os roubos de postes, sinais, ferramentas e cobre tiveron lugar en varias ocasións e recentemente celebrouse un xuizo contra un acusado que cumple pena no cárcere de A Lama por outros delitos.
No campo de fútbol de herba sintética que a Deputación constrúe en Cuntis foron roubadas sinais e diverso material e equipos. E no polígono de Barro-Meis desapareceu parte da instalación de alumeados e fibras de cobre.
Nos últimos tres anos, xa se celebraron cinco xuizos por hurtos e roubos, a denuncias da Deputación de Pontevedra, nos xulgados de Pontevedra (2) e Ponteareas (3). Nun caso tivo lugar unha sentenza favorable, dous están pendientes de resolución, nun caso dictouse auto de arquivo e noutro, absolución por prescripción.
Relacionadas:
-
As depuradoras seguen ás igrexas coma obxectivo dos cacos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Atracan a oficina do Banco Pastor en Seixo (Marín)
Por Natalia Puga |
-
Agrédeno para roubarlle no baño da estación de autobuses de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Santa María, Santa Lucía, a Virxe do Carmen e a Inmaculada vítimas dun roubo
Por Oskar Viéitez |
-
Leva só 20 euros despois dun atraco a man armada en Pontevedra
Por Natalia Puga |