Xornada de folga en Celulosas
Por Oskar Viéitez
Os traballadores da fábrica de Ence iniciaron onte á noite unha xornada de folga de vintecatro horas como protesta pola eliminación de postos de traballo.
En concreto, rexeitan a redución de persoal que afectou ao departamento de secapastas, na liña de atado.
Segundo as explicacións dos traballadores a dirección da celulosa prescindiu dalgúns operarios tras introducir unha mellora tecnolóxica.
"Este avance tecnolóxico incumple as expectativas de produción e calidade esperadas", aseguran, "e pon en risco a seguridade dos operarios encargados de supervisar este proceso", explicou o presidente do comité e delegado de CIG Jesús Graña.
Os folguistas concentraranse ás portas do complexo fabril coa entrada de cada quenda.
Esta é a primeira das dúas xornadas de paro anunciadas polo persoal de Ence. A segunda será o 14 de novembro coincidindo coa folga xeral.