O Colexio de Médicos apoia as mobilizacións en contra da reorganización sanitaria
Por Redacción
A Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra acordou, por maioría, apoiar as reivindicacións dos profesionais e dos cidadáns "en contra da subtracción de pacientes da Área Norte da provincia e a súa derivación a Santiago de Compostela en detrimento da Área de Vigo".
Nunha reunión do Pleno Extraordinario celebrada o martes 4 de febreiro, esta institución tamén reclama a construción do Hospital ÿnico de Pontevedra.
O Colexio considera "que as medidas adoptadas son "un prexuízo" para todos os cidadáns da provincia de Pontevedra e apoia as mobilizacións que se vaian celebrar neste sentido".