Protestan pola falta de investimento sanitario cun Vía Crucis dende Monte Carrasco ata Montecelo
Por Redacción
Integrantes da Federación de Veciños Castelao protagonizarán un Vía Crucis reivindicativo o sábado ás 11.00 horas dende Monte Carrasco ata o Hospital Montecelo como forma de protesta polo castigo que "sofren os usuarios da área sanitaria norte de Pontevedra" durante os últimos cinco anos.
O presidente do colectivo, Verísimo Pazos, presentou este acto no que participarán ao redor de 20 membros da Federación veciñal coa posibilidade de que se poidan sumar todas aquelas persoas que queiran mostrar o seu malestar coa actitude que a Consellería de Sanidade mantén con Pontevedra ante a falta de investimentos na cidade.
Ao longo do percorrido, que transcorrerá por diante do cemiterio de Marcón ata a Perralla dirixíndose despois cara a Montecelo, instalaranse as 14 cruces propias do Vía Crucis e en cada unha delas os manifestantes deixarán un escrito denunciando "algunha das perdas que sufriu a sanidade pontevedresa ao longo dos últimos anos" dende radioterapia ou a medicina nuclear ata a ampliación de Montecelo ou a construción de Monte Carrasco. Unha vez que cheguen ao Hospital de Montecelo, o colectivo lerá un manifesto.
Pazos indicou que, en caso de chuvia, a protesta se realizará igualmente "se non vamos andando, iremos en coche. Vamos a facelo chova ou non chova". Calculan que os máis de dous quilómetros de percorrido lles leve arredor dunha hora.
Relacionadas:
-
Os comuneiros de Mourente reclaman a titularidade dos terreos que ocupa o Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Vía Crucis reivindicativo contra o novo mapa sanitario e os "recostes, copagos e repagos" en Sanidade
Por Alejandro Espiño |
-
O persoal sanitario intentará "implicar al usuario" ante a manifestación do 14 de febreiro
Por Diego Espiño |
-
SOS Sanidade Pública convoca para o 14 de febreiro unha manifestación contra a reordenación sanitaria
Por Redacción |