O Nadal xa invade as rúas de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O espírito do Nadal chegou para quedar a Sanxenxo, que acendeu este venres a súa iluminación para estas datas.
Fíxoo ademais nunha animada xornada, con festa incluída na Praza de Pascual Veiga con música e animación, e na que Entretendas Centro Comercial Urbano, en colaboración co Concello, repartiu 600 gorros de Papá Noel.
Un tren na Praza dos Barcos, un balancín na Praza Méndez Núñez ou un Belén na oficina de turismo son algúns dos puntos destacados da decoración.
A todo iso súmase o 'Ice park' con pista de xeo, pista americana e postos de comida instalado no aparcadoiro de Nauta para que pequenos e adultos gocen da época máis especial do ano.
Acendido da iluminación do Nadal en Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo acendeu este venres a súa iluminación do Nadal cunha festa na Praza de Pascual Veiga
© Concello de Sanxenxo
Relacionadas:
-
Comercios e vivendas de Sanxenxo participan no primeiro concurso de iluminación do Nadal
Por Redacción |
-
'Unha noite na eira do trigo', película musical, será estreada no Auditorio Emilia Pardo Bazán
Por Redacción |
-
Un total de 31 escolares de Sanxenxo participarán na comitiva da Cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Os visitantes que chegaron a Sanxenxo no décimo mes do ano superaron aos de xaneiro, febreiro, marzo e mesmo maio
Por Redacción |
-
O 'Ice park' do aparcamento de Nauta incorpora un touro mecánico e un posto de algodón de azucre
Por Redacción |
-
Todo preparado na Praza de Pascual Veiga para celebrar o aceso das luces do Nadal
Por Redacción |
-
O Fin de Ano contará cun espectáculo piromusical en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo anima a comerciantes e veciños a "deslumbrar" coa súa propia iluminación de Nadal
Por Redacción |