Máis de 305.000 luces LED iluminan xa o Nadal de Caldas de Reis
Por Redacción
Caldas de Reis converteuse nun dos concellos da provincia que máis cedo acendeu a súa iluminación de Nadal. Máis de 305.000 luces LED decoran xa as principais rúas e prazas da vila. Esta decoración estará instalada ata o próximo 6 de xaneiro.
Toda a vila está engalanada con diferentes figuras e iconografía non relixiosa que crearán unha contorna especial para toda a veciñanza e persoas visitantes e que, segundo o tenente de alcalde, Manuel Fariña, é a decoración "máis atractiva" dos últimos anos.
Son máis de mil metros cadrados de elementos ornamentais, entre os que se atopan as bólas, os arcos variados, o gran pingüino da Praza José Sexto Casal, o paraugas de luces que se puxo na Plazuela ou o photocall situado na Praza das Palmeiras.
As luces estarán acendidas con horario de seis da tarde a dúas da madrugada, ampliándose nas datas sinaladas de Noiteboa e Fin de Ano, entre outras.
A esta decoración de luces municipal sumarase tamén a impulsada dende o Concello ao organizar por primeira vez o concurso de decoración de rúas do Nadal.
Grazas a esta iniciativa outras dez rúas da vila estarán adornadas coas propostas presentadas polas comisións veciñais, con temáticas variadas e un grande espírito colaborativo.
Relacionadas:
-
Remata con éxito o concurso de decoración de Nadal en Caldas
Por Redacción |
-
Novo percorrido e decoración para a cabalgata de Reis de Caldas
Por Redacción |
-
A Peña Moteira 'Os Keimaos' organiza a primeira papanoelada moteira solidaria de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Caldas enche o Nadal de roscón con chocolate, música e obradoiros
Por Redacción |
-
Persoas con autismo farán a tarxeta de felicitación do Nadal do Concello de Moraña
Por Oskar Viéitez |