O remate dos traballos do xardín da praza de España, pendente da choiva
Por Redacción
As obras de restauración do xardín de entrada á Alameda, na praza de España, están a piques de rematar. Logo de facer os traballos de soterramento dos servizos e de xardinería, está pendente da recolocación de xabre nos pasillos centrais do xardín, pero este traballo non se pode realizar ata que haxa unha raiola de bo tempo.
Según informan dende o Concello de Pontevedra, é preciso a compatación de todo ese terreo para o que se necesita tempo seco; igual que para instalar o mobiliario urbano, xa que ten que fraguar o cemento no que van ancladas as patas dos bancos.
Estes xardíns, situados ao redor do monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, teñen un orzamento duns 150.000 euros. A previsión do goberno municipal era que os traballos estivesen concluídos antes de Nadal, pero as incesantes choivas retrasaron a reforma que en liñas xerais consistiu nunha combinación de árbores de gran tamaño, arbustos máis pequenos e flores de diferentes cores en cada un dos parterres.
Ademais do xardín propiamente dito, esta actuación permitiu tamén mellorar o sistema de recollida de pluviais para reducir o risco de inundacións na zona, instalar bordillos nas catro zonas verdes que formarán os xardíns para impedir o paso por encima deles, instalar o rego automático nas Palmeiras e contemplar a instalación de novo mobiliario urbano, especialmente bancos, nos seus arredores.
QUEIXAS POLO VALADO
O pasado mes de xaneiro o grupo municipal do PP reclamou o Concello que retire o antes posible o valado que rodea a estes xardíns "por su inestabilidad y por el riesgo que supone" para os viandantes. O concelleiro César Abal apuntaba que estes valos foron derrubados polo vento en máis dunha ocasión e as súas pezas metálicas poden causar danos.
Relacionadas:
-
Os xardíns da Praza de España combinarán grandes árbores, arbustos e flores de cores variados
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A contorna da Subdelegación, Belas Artes e o Ambulatorio estreará 2014 con novo aspecto
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza a mellora do xardín da praza de España
Por Redacción |