'Disciplina positiva' é unha metodoloxía que ten máis de catro décadas, conta cunha argumentación científica e unhas ferramentas que hai que aprender a utilizar. Descarta o conductismo, a pegagodía na que varias xeracións foron educadas, baseada no condicionamento. Isto é, castigo ou premio. "E hoxe en día é evidente que non funciona; non estamos a educar, estamos amaestrando", di María Soto, psicóloga e logopeda galega, no podcast do Cara a cara que acompaña a esta información.
Hai máximas neste método como o respecto recíproco, o equilibrio entre firmeza e agarimo, fortalecer o sentimento de pertenza - non no sentido de posesión material -, ou aprender a ter un propósito na vida. Esta nai dunha nena e dous nenos, tamén fala de paciencia, represión ou uso das emocións.
"Cando cometemos un erro - sexas neno ou adulto - sentimos culpables e temos medo porque agardamos unha consecuencia negativa. Se ensinas a non ter medo a fallar senón a aprender a solucionar no que se fallou, crécese sen culpa e con responsabilidade", explica en PontevedraViva Radio.
É formadora ademais nesa 'Disciplina positiva' e faino a través de conferencias, talleres e igualmente online a través do seu blogue. Acaba de editar o libro 'Educa bonito' na que expón a súa experiencia profesional e persoal "despois de seis anos aplicando esta disciplina na miña casa, podo dicir que funciona e os resultados son marabillosos".