Do barrio da Parda non moveu a súa residencia o protagonista de A playlist. Rafa Córdoba foi sietemesino e a pesar dos malos agoiros saíu adiante, por iso di que "eu nacín perdoado pola vida". É un popularísimo pontevedrés, profesor con trinta e seis anos de exercicio e unha faísca e sentido do humor innatos. Tanto é así que no nacemento da súa terceira filla, o xinecólogo propúxolle deixar a súa profesión e dedicarse a amenizar os partos do equipo médico.
A súa afección ao Pontevedra Club de Fútbol está cos primeiros recordos de si mesmo, acompañado do seu pai, dos amigos do seu pai e dos seus propios amigos. O primoxénito de Rafa e Loliña xa viña avisando: "cando me aburría facía as retransmisións do partido de fútbol en portugués, ou dos grandes premios de motos".
Coñeceu a Mariví cando estudaba Maxisterio, - por certo foi o segundo mellor resultado da Selectividade en Galicia - e aínda que as súas miras académicas estaban en Santiago, finalmente quedou en Pontevedra. Con corenta anos enviudó e quedou á fronte da familia con Sandra, Laura e Victoria, as súas fillas. Elas son "os meus xuíces e fiscais" e recoñecen no seu pai "o delito de ser un chillón".
O seu paso polo programa de PontevedraViva Radio déixanos un bo puñado de anécdotas, como a da ocasión en que coñeceu a Massiel. Estes últimos días sacou unha nova titulación: a de avó, que lle trouxo Pablito. A recado é e será motivo para que, como di el, "amontóaseme o choio coas emocións".