Pablo Lago Pita non é xornalista porque el sentise a vocación profesional, é xornalista porque a vocación profesional sentiu a el. Un rapaz que nacido en Ortigueira, que viviu nas Pontes ata os dez anos, cando a familia de Sólfido Lago e Josefa Pita trasladouse a Dajla, ou Villa Cisneros, no Sahara occidental.
Con 16 anos, en novembro de 1975 tócalle vivir en primeira persoa os Acuertos Tripartitos entre España, Marrocos e Mauritania. Un tornado que o removeu e marcou inexorablemente. Repatriados ás Palmas, a familia Lago Pita fincouse na capital española, onde o adolescente matriculouse na Complutense para estudar Xornalismo e naquel fervedoiro cultural e político participou na Transición.
Radio Fene foi o seu comezo profesional. Unhas oposicións de RNE en Galicia, trouxéronlle ademais dun primeiro emprego na entidade pública, a Juana, a súa muller e nai dos seus fillos: Andrea e Javier - quen tamén pasou polo interrogatorio da Playlist -. Viviu a crise doPrestige como xefe de informativos de RNE en Galicia e en 1996, volveron facer maletas para asentarse na Boa Vila.
Descubrimos ao afeccionado ao baile: de solto e de agarrado, inicialmente mirando sempre ao chan e logo coa mirada alta. Ao seareiro, tan, tan tan sufridor e nervioso que lle foi imposible quedar diante do televisor e ver o xa mítico gol de Iniesta no Mundial de Sudáfrica. Ao lector empedernido grazas a aquel libro da tía Encarnita: 'O Conde de Montecristo'. Ou ao cinéfilo que, como lembra en PontevedraViva Radio, con catorce anos exerceu o seu primeiro emprego: taquillero vendendo entradas noCinema Sahara, onde cada día, metíase a ver unha película.
Descubrimos eses perfís e algúns máis. E confirmamos o de sobresaliente profesional, compañeiro e amigo (dos que están e dos que xa non están). Como a cualificación que lle pon á súa biografía por todo o que lle permitiu vivir.