RADIO.- A gruta de Gizamaluke pon a proba PlayStation Now e mira á E3
Por Redacción
Limited Run Games e BadLand Publishing son dous das empresas do sector que esta semana se coan en 'A gruta de Gizamaluke'. Carlos Pereiro, Sara Orozco e Juan Sanmartín dan conta da polémica xurdida a raíz do lanzamento de 'Axiom Verge' para Wii U. Tamén falan doutra fronte entre outras dúas industrias: Epic Games Store e Steam ou de cal será o próximo personaxe que se some ao exitoso xogo de loita 'Dragon Ball FighterZ'. Máis noticias, xa sabes e se non che avanzamos, na sección semanal 'Que pasa non mundo'.
Seguindo a partida desta semana, toca facerse unha pregunta: Compensa PlayStation Now? o sistema de streaming que permite xogar en varias plataformas e ven de desembarcar en varios países como España. E tampouco este programa, esta semana, escapa a un programa que ata o domingo está presente na programación de PontevedraViva Radio: Cabos Soltos. Cara a este mira nesta ocasión a sección 'Preme o play!'
E no tramo final do programa e a tres meses de comezar, Carlos, Sara e Juan debaten sobre: Que lle pedimos á E3 (Electronic Entertainment Expo)?.