Na súa representación acudiu Antón Mouriz, coordinador de proxectos de Manaia quen conclúe en PontevedraViva Radio que a experiencia "foi moi boa porque todo o que sexa coñecer outras realidades noutros países é moi enriquecedor. Ademais houbo ocasión de aproveitar para ter encontros con outras asociacións que se dedican tamén ás adopcións e foi enriquecedor para nós".
Foi este ano 2018 no que Manaia acordou asumir tamén o traballo no ámbito do acollemento; e o obxectivo para 2019 é empezar a traballar niso, para dar a coñecer que significa, como se articula ou para que se fai, "porque hai un gran descoñecemento".
De feito Mouriz tróuxose de Chile un proxecto que alí está en marcha a través de FADOP, a Fundación Chilena de Adopción e que explica no Cara a cara."Podería parecer que iamos ir a dicirlles o que hai que facer e volvemos ao revés. Alí téñeno moi ben articulado". Igualmente facilitouse a posibilidade de traballar en rede con estes colectivos que tamén traballan nesta área.