Miguel Alberte Melero ten dous currículos, un o académico e outro o vocacional. De acordo ao primeiro ten o Grao de Tradución e Interpretación e de acordo ao segundo é músico e licenciado ' cum laude' en ' Beatlemanía'.
O seu primeiro recordo vital está nos tres anos: cando o seu pai o puxo a ver a película ' Help' do cuarteto de Liverpool. Se lle preguntas por algún día especial na súa vida, respóndeche que o que puido ver en directo a Ringo Star - o seu Beatle favorito -, ou tamén a Paul McArtney. Non son os únicos nomes propios da historia da música aos que tivo ocasión de ver en carne en óso, a maioría dos seus ídolos igualmente pasaron pola súa retina, lembra nesta Playlist.
Un escenario do colexio, o Sagrado Corazón, é onde lembra a súa estrea como músico. Cos anos foron sucedéndose as bandas ás que pertenceu. Primeiro como batería, logo coa guitarra - instrumento co que di sentirse máis a gusto -, e algún escarceo co baixo. O 2016 foi un ano especial para el: gravou o seu primeiro EP 'Revolver', reuniu unha banda para director, actuaron na Sala Karma, no Fest, no Galegote, nos 15 Birlos, no patrón da Facultade de Belas Artes e no Festival da Luz.
Conta en PontevedraViva Radio que actualmente a súa residencia está en Barcelona, sexa onde for, o que non que pode imaxinarse é "vivir sen a música".