O 17 de agosto sinálase como Día de Galiza Mártir; data en que fusilaron a Alexandre Bóveda. O seu neto e vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda,Valentín García Bóveda, reivindica con todo en PontevedraViva Radio que a denominación debería ser Día dos Mártires Galegos, para divulgar e evidenciar o legado inmaterial que deixaron moitos homes e mulleres como Bóveda.
Esta próxima conmemoración contará con actos institucionais, políticos, relixiosos e civís que se desenvolverán, no caso desta provincia, en Pontevedra e Poio, onde ademais a xornada do venres é festivo local. Esta circunstancia é así xa que a Corporación de Poio asumiu a petición da Fundación instando aos concellos galegos a que sexa unha xornada inhábil laboralmente, como é por exemplo o Día dás Letras Galegas.
Valentín García Bóveda, lembra todos eses actos previstos para este ano e no que se homenaxea a Xosé María López de Guereñu, que acudirá á homenaxe prevista na Caeira. Como neto do político e intelectual fusilado, comenta igualmente neste Cara a cara con que sentimentos vive a familia esa fatídica data.