Dea Gómez (Andrea Gómez Galayo), é salmantina. De pais vinculados profesionalmente ás artes, a nena herdou a xenética. Diego Omil (Diego Campos Omil), é marinense. Os seus pais non gardaban relación co mundo artístico, pero desde o primeiro momento apoiaron ao mozo para desenvolver a súa creatividade. "Sempre collendo o trole" entre Marín e Pontevedra - onde estudaba -, dió o salto ata Salamanca para facer Belas Artes. Ela obviou o brinco porque se matriculou na súa cidade charra tamén en Belas Artes e ademais en Filosofía.
Non foi ata o último curso universitario, en clases de pintura, cando 'a química' meteuse por medio. Tres meses despois, foron vivir xuntos a un piso de vinte e cinco metros cadrados no madrileño barrio de Lavapiés. En plena crise, 2011. Un ano despois - residindo xa en Marín, onde continúan mantendo o 'campamento basee'-, os monomios fundíronse artisticamente en binomio: 'Los Bravú'.
O resultado da fórmula de 'Los Bravú': unha preciosura. Como os artistas renacentistas, desenvólvense en múltiples disciplinas: o cómic, a pintura, a escultura, a ilustración, o deseño texto, a cerámica, a fotografía, a música, o vídeo... e en breve farán nunha curtametraxe...
A primeira porta que se lles abriu profesionalmente foi con César Sánchez e a editoria Fulgencio Pimentel. "Le Maison des Auteurs" en Angulême e a Academia de España en Roma foron dúas experiencias enriquecedoras en grao superlativo. Este ano levan xa dúas exposicións en Madrid: na sala Matadoiro e na Galería 6máis1; ademais Unamuno márcalles outro dos proxectos nos que están inmersos.
Traballan día e noite. Gozan do exercicio da súa profesión; en realidade, gozan de todo o que fan porque a todo póñenlle dous ingredientes fundamentais: diálogo e humor.