Expomos neste Cara a cara por que o maio francés foi a catapulta de protestas sociais que se reproduciron tanto en Europa como en América. Foron movementos sociais ou revolucións?, que foi maior o seu impacto ou o seu éxito?, persisten aquelas demandas cincuenta anos despois?.
Miramos de igual forma ao século XXI e comparamos as reivindicacións e movementos sociais que veñen producindo nos últimos anos en España e en Europa. É posible que as conclusións non disten tanto como o tempo que separa cinco décadas; ou como dí Manuel Artime: "a historia non se repite pero rima".