Para que elixir se se poden escoitar ambos? Así que en "El club de la esquina" de PontevedraViva Radio, Tino Domínguez fai unha selección de temas de The Rolling Stones e The Beatles, e uns minutos para a banda tributo dos de Liverpool, Black Stones.
O xornalista pontevedrés segue profundando na música internacional dos 60 e 70 con Johnny Cash, The Hollies, Rare Earth, Nicolette Larson e Lorrie Morgan xunto aos Beach Boys.
Do pop nacional dos 60 extrae unha selección de Los Ángeles, Los Pasos e Los Puntos. Ademais, dos 80 recupera a The Pretenders coa versión dunha composición de Bob Dylan e a soada "I got you babe"de UB40 con Chrissie Hynde.