Que se require para que un cabalo considérese de pura raza española?, que ten en conta un xurado para destacar estes exemplares? como se preparan estes animais para conseguir resultados así?. A preguntas como esta responde Loli Pereira Agra neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.
Ela xunto ao seu marido, César Santos Vicente, traballan a diario coa súa cuadra de cabalos; non só para preparalos para eventos deste tipo, senón tamén para outras múltiples actividades de lecer relacionadas cos cabalos.
Loli Pereira ademais relátanos as súas vivencias cunha das actividades que realizan en Ponte Caldelas: a equinoterapia, os beneficios físicos e psicolóxicos que reporta a terapia con cabalos a persoas con diversidade de discapacidades.