Alexandre defínese como artista multidisciplinar. Alexandre González García recoñécese entre o rock que escoitaba en casa de Platero y Tú ou Loquillo e o rap, o hip-hop, que vía na a televisión ou Youtube de Kase.O, Violadores del Verso, Nach ou ZPU, "ese tipo de xente predicaba uns valores cos que me sentía moi conforme e fíxome sentir parte de algo" afirma o protagonista deste podcast do 'Cara a cara'.
Entre curso e curso de Criminología en Salamanca, marchou a traballar a Oxford "para facer un resert" e estudar o idioma. Alí escribiu a súa primeira canción. Agora estuda na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. 'Zeitgeist', ademais dun concepto filosófico, é o nome que lle puxo ao seu primeiro traballo musical.
'Uróboros' será o título do seguinte, un proxecto que quere sacar tamén en formato físico, nin máis nin menos que con dezaoito temas - algúns xa están gravados -, nos que incluirá numerosas colaboracións; e non só musicais. "A miña vida plasmada neste traballo", 22 anos deste novo marinense.
Entre 'Zeitgeist' e ' Uróboros' está 'La ley del silencio', un tema sobre a mafia, un videoclip de película ambientado en enclaves da ría de Pontevedra. Sen grandes orzamentos, pero coa sinerxia resultante de facer aquilo co que gozas e ilusiona.
Alexandre ademais, fai no programa de PontevedraViva Radio de tradutor interxeracional, de intérprete da terminoloxía desta música urbana deostada en tempos: un "drill", un "free style", "pillar o amorne a un beat", "crearse un hype", "sacar un par de escapes antes do disco"... palabras, frases, códigos inherentes da "crew".