J.J.M. Veiga, pontevedrés, criado en Bora, sentiu desde neno o apego á natureza e á literatura. Con oito anos o seu pai regaloulle 'Miguel Strogoff' e esa querenza foi facéndose maior, como a propia persoa, dando o paso á escritura en plena adolescencia. Leva xa editadas catro novelas.A última acaba de conseguila mediante o mecenado de achegas particulares, o anglicismo do crowfounding.'La apatía de los idiotas', unha novela de xénero cuxa trama se desenvolve nun pobo pesqueiro chamado Portolara poderá mercarse en dous ou tres meses.
Escribe e exerce a actividade profesional da súa preparación académica: técnico forestal e enxeñeiro de montes, que estudou en Pontevedra e Lugo. Exerce igualmente de pai de Aricia e Nuno cunha muller imprescindible na súa vida, unha xornalista, Patricia. Ademais do universo musical que comparte na Playlist, tamén inclúe o seu microcosmos literario, que non é micro, senón macro. Mundos nos que se refuxiou durante a adolescencia ante o acoso escolar do que foi vítima durante anos.