Os recentes Premios Emmy que se entregan á industria televisiva estadounidense marcaron un punto de inflexión. Por primeira vez unha plataforma de streaming levou, non un senón oito galardoes cunha webserie.
Neste sector ocúpase o protagonista deste Cara a cara de PontevedraViva Radio. O pontevedrés Óscar Cruz acaba de subir ao escenario do Teatro Principal para presentar a última producción de Porco Bravú: "Peter Brandon. Unha vida pola comedia".
É o seu guionista, do mesmo xeito que en "El método sueco" xunto a Jorge Boquete, que nos dous últimos anos vén de ser recoñecida como a mellor webserie nos Premios Mestre Mateo. Son "traballos arriscados" para a televisión xeneralista e que con todo no streaming atopan actualmente un oco en progresivo incremento. Ver e escoitar cando, onde e o que un queira.
Óscar cóntanos de onde lle vén isto de escribir guiones, en que proxectos estivo traballando e que prepara, que non é pouco. Volvendo a "Peter Brandon",de momento non comezou a súa difusión, "así que haberá que estar atentos a YouTube".
Contaron para este proxecto con nomes propios da escea galega como María Tasende, María Costas, Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro, Xosé Manuel Esperante ou David Amor. Óscar Cruz, un 'milenial' pontevedrés con moito potencial.