O pontevedrés Pedro Volta, actualmente fincado en Madrid, regresou este sábado á súa cidade natal para ofrecer un espectáculo de maxia titulado Ilusionante, que atraeu a centos de persoas ao auditorio de Afundación da cidade do Lérez.
Aínda que xa o presentaba recentemente no Teatro Principal, Pedro Volta volveu facer as delicias de grandes e maiores cos seus números de ilusionismo.
Ilusionante incorpora espectáculos de maxia e de escapismo ao redor dunha posta en escena constituída por rodas de engrenaxes, caixas e farois que crean unha atmosfera fantástica e misteriosa.
Da man do ilusionista, o espectador pontevedrés converteuse en protagonista dun espectáculo co que o mago busca que a pública viaxe ao mundo da fantasía e dos soños máxicos da súa infancia.