![Conversas na Ferrería #58: Que é a hiperpaternidade?](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e77/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5955266058-20170629-patxot-radio-conversas-hiperpaternidad-024.jpg)
Conversas na Ferrería #58: Que é a hiperpaternidade?
Xov | 21:00 | 21:51
Os expertos advirten sobre o fenómeno da hiperpaternidade. Son pais que optan por sobreprotexer os nenos, unha conduta que lles impide ser autonómos e fai que sexan máis fráxiles, xerando a longo prazo adolescentes e adultos con máis medos e inseguridades. Protexemos en exceso aos nosos fillos? Onde está o límite? Estamos a frear o seu desenvolvemento ou isto non é máis que unha preocupación lexítima polo seu benestar? Falamos sobre estas cuestións coa pedagoga Ana Couto, a profesora Silvia Puga, a psicóloga Jone Ojeda e Alba González, representante de Fanpa Pontevedra.