Carne Cruda #299
Mér | 10:00 | 11:22
Falamos con Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, para coñecer como avanzan as negociacións para a moción de censura ao goberno de Mariano Rajoy na nosa chamada de actualidade.
Novo menú de Carne Crúa que nos leva ata as plantacións de medio mundo. Da man dos compañeiros de eldiario.es coñecemos a reportaxe especial"La tierra esclava”, un proxecto de investigación sobre as plantacións de café, azucre, cacao, banano e palma en catro países: Colombia, Guatemala, Honduras e Costa do Marfil. Todas estas plantacións teñen algo en común, son grandes extensións de terreo que usan man de obra pobre e explotada para logo exportalo a países ricos. Relacións entre diferentes cárteles, institucións corruptas e unha destrución absoluta do medio ambiente.
Ademais analizamos a actualidade da maneira máis aceda e sarcástica co noso Debatuiter.