Cara a cara #598: Natalia de Santiago + 'Emprende en positivo'
Dom | 17:00 | 17:16
Falamos con Natalia de Santiago de traballar por conta propia co gallo do libro que acaba de publicar: 'Emprende en positivo'. Empréndese moito ou pouco en España?, faltan ou non contidos financieiros nos ciclos obrigatorios da educación? hai moito medo ao fracaso?, hai demasiado impostos?, son algunhas das cuestións que vai respondendo esta experta en finanzas. Muller emprendedora, divulgadora de contidos financeiros e escritora de títulos de economía, empresa e tamén para público infantil.
Foto: Javier Ocaña