Cara a cara #595: Os Imperfectos
Mér | 17:00 | 17:33
Os Imperfectos debutan pero xa son perfectamente coñecidos non só no seu Vilagarcía natal, senón tamén dentro e fóra de Galicia. Un nome escollido con razóns, e explícannolas neste podcast. Tamén nos falan do primeiro tema 'Hai algo máxico' co que empezan a presentar o seu primeiro elepé, 'Supernova', que para 2025 xa se coñecerá ao completo, que vén con fomato físico e co que farán directos, o primeiro loxicamente de presentación deste traballo. Non inventaron nada, como din, pero soan a algo diferente. Conseguen nunha esfera pop na que hai máis sonoridades, fusionar unha voz cantante e unha voz que recita. Letras e voces en galego porque "pensamos e sentimos en galego", reinvindican. Os Imperfectos son Juan Carballo, voz poeta; Álvaro Cardalda, voz e teclados; e Pedro Falcón, guitarra.