![Cos 5 sentidos #6: Monasterio de Poio (e III)](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/65cb458654-img_2848.jpg)
Cos 5 sentidos #6: Monasterio de Poio (e III)
Ven | 11:01 | 11:09
Completamos con este capítulo o percorrido polo Mosteiro de Poio. Tras coñecer a súa historia e o seu patrimonio cultural esta edición ocúpase dos espazos abertos ao turismo e que corresponden á hospedería, a súa igrexa e os seus dous claustros. Este terceiro programa esconde ademais algúns 'bonus' con interesantes curiosidades para calquera persoa que queira visitar, ou revisitar, o mosteiro.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).