Xeración Sónica: Malo Será

Xeración Sónica: Malo Será

Ven | 18:00 | 18:14

Malo Será están titorizados por Violeta Mosquera quen os describe como unha banda "moi ecléctica porque beben de moitas referencias" e fan "un rock moi marcado, moi fresco" con guitarras moi melódicas e un baterista que promete. Repiten neste programa municipal aínda que coa incorporación do cantante para esta edición.

Jorge Gil González (batería) apunta que 'Xeración Sónica é un proxecto innovador porque fomenta a creación de bandas entre adolescentes, o impacto de volver ver bandas tocando por Pontevedra e unha chea de cousas máis. Para min foi un privilexio estar catro anos participando neste proxecto". Tamén son veteranas Carmen Fernández Arruti Martínez (guitarra) e Celia Freire González (guitarra), quen destaca a súa experiencia persoal e a repercusión que ten para a súa xeración. Brais Moreiro Novo (baixo e voz) é a incorporación a Malo Será e di que os monitores "fomentan a nosa creatividade para facer cancións e é unha sorte vivir nunha cidade con iniciativas como esta".

"O percorrido de Xeración Sónica é curto e molaría que puidesen estar máis tempo; pero cando terminan, que saen a un mar cheo de peces e quenllas, polo menos teñen unhas ferramentas a man para poder facer un camiño sós. A min paréceme un proyectazo, xa me gustaría ser adolescente agora e poder optar a un programa destes", estima Violenta que ademais de mentora tamén é batería de Bala

Xeración Sónica

Xeración Sónica é un proxecto da área de Xuventude do Concello de Pontevedra. Trátase un programa anual onde mozos e mozas da cidade se unen en equipos creativos para dar vida a proxectos artísticos únicos e irrepetibles.
 

Fechar