A min tamén me pasa #3

A min tamén me pasa #3

Dom | 17:00 | 17:37

Cada vez vemos con máis frecuencia persoas recoñecidas que fan públicas as súas experiencias en relación á saúde mental. Unha circunstancia que tradicionalmente se veu reservando polo temor á consideración social de recoñecer unha enfermidade mental. 

Neste capítulo falamos de por que pode retraernos o feito de ir a unha terapia. En que tipo de situacións pode axudarnos un psicólogo/a, non só na axuda para solucionar a causa pola que se acode a unha consulta, senón tamén para "coñecernos e a xestionar os nosos pensamentos, actitudes e emocións" como lembra Carlos Márquez Barros, psicólogo sanitario e sexólogo.

Foto: Gerd Altmann - Pixabay

A min tamén me pasa

Un podcast para "normalizar asuntos que poden resultar perturbadores, pero que falándoos, descubrimos que nos pasa a todos". Co sexólogo e psicólogo sanitario Carlos Márquez Barros.

Fechar