Pontevedra ten un puntazo #2

Pontevedra ten un puntazo #2

Ven | 13:00 | 13:18

Paula e Iria son Elefantes de cacharrería. Ademais de ser unha empresa dedicada á organización de eventos ou ao "deseño de momentos únicos e irrepetibles", como se definen; tamén xestionan o proxecto Pontevedra ten un puntazo. Neste segundo programa explícannos como se desenvolveu a iniciativa do Concello de Pontevedra ao longo do último ano, así como novas accións para 2017. Aproveitamos para coñecer tamén a Elefantes de cacharrería, que xurdiu en plena crise e xa van polo seu cuarto ano de actividade.

Pontevedra ten un puntazo

Venres ás 13.00 horas

Pontevedra ten un puntazo é un proxecto do Concello de Pontevedra que dá visibilidade e interconecta as iniciativas empresariais innovadoras da cidade

RADIO.- Ano novo, propostas novas para Pontevedra ten un puntazo

Por |

Elefantes de cacharrería é a iniciativa empresarial de Iria Viñas e Paula Salgueiro. Ademais traballan na xestión do proxecto do Concello, Pontevedra ten un puntazo. Así que en PontevedraViva Radio charlamos con elas para profundar no devir deste proxecto ao longo de 2017 e para coñecer o seu propio negocio.

Fechar