A playlist de...#38: Os Reis Magos
Ven | 21:00 | 21:30
Anxo e Antía Pazos Puga, Miguel Carrera Ares, Cayetana Feteira Durán, Breixo e Mauro Rosendo Prado e Nerea López Peleteiro madrugaron este 5 de xaneiro para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar en PontevedraViva Radio.
As súas Maxestades de Orientes recibiran a carta de PontevedraViva para que nos visitasen e eles déronlles a benvida. Os Reis Magos lembráronlles que hai que ser bos mozos durante todo o ano, porque ademais dos seus paxes e os seus poderes de magos, usan as novas tecnoloxías para saber como se portan.
Como non podía ser doutra forma, nesta playlist Melchor, Gaspar e Baltasar déixannos algúns dos seus gustos musicais. E resulta que as súas Maxestades son "setenteiros" nas súas preferencias. Para terminar con esta playlist tan especial, desde PontevedraViva Radio poñemos moita maxia a esta noite e a este programa.