![Cara a cara #255: Sirio Sesenra e os xogos de rol](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/2cb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/61a49669ba-img-20211126-wa0054.jpg)
Cara a cara #255: Sirio Sesenra e os xogos de rol
Lun | 17:00 | 17:27
O pontevedrés Sirio Sesenra é creador, divulgador e director de xogos de rol. Ten miles de seguidores na súa canle de YouTube ao redor deste universo lúdico e tamén o blogue Las Semillas de Cao Cao. Colaborou coa Universidade Juan Carlos I e ten unha actitude inclusiva da muller nos xogos de rol.
Ten dous xogos con nome propio,'Robotta' e 'Wamatse' e noutros trece achegou unha aventura ou fragmentos de manuais de rol. Este decembro terá xa en preventa 'Técnicas, consejos y trucos para jugar a rol' un libro pensado para "persoas expertas que queiran buscar ferramentas diferentes e tamén a persoas iniciadas".