A playlist de ...#30: Andrea Bayer

A playlist de ...#30: Andrea Bayer

Ven | 21:00 | 22:45

Redondelana de nacemento pero pontevedresa de corazón. Algo había que lle dicía que esta cidade era o seu sitio; e quen lle diría... desta cidade foi pregoeira nas súas festas patronais da Peregrina. Dunha das súas vocacións, o Maxisterio, chegou a segunda, o teatro. Na súa mocidade compaxinou ambas as e finalmente quedou con ela o teatro. Desde entón fai gozar a todos aqueles que nos achegamos ao teatro infantil e familiar. Nos seus inicios era ela, e agora en 2016 son catro... e Baobab: Andrea Bayer; Óscar, a súa parella e os seus dous pequenos: Nicolás e Nora.

A playlist de...

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

RADIO.- Baobab estreará o espectáculo "Pumpún, unha historia para cambiar o mundo" no Salón do Libro

Por |

Andrea Bayer é a protagonista esta semana de A playlist de... en PontevedraViva Radio. A música acompañouna sempre. Coñeceu a idade temperá a Silvio Rodríguez, na aula de Teatro Universitario "quentaban" con Simon & Garfunkel, as nanas e cancións infantís non só na súa etapa profesional senón tamén coa chegada de Nicolás e Nora. María Callas estaba na súa infancia e en "Luppo" e para conmemorar o próximo 25 de novembro trae "Rata de dúas patas".

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar