Rumboia #159: Os Rosales

Rumboia #159: Os Rosales

Mar | 20:30 | 20:42

Os Rosales foi un grupo de música tradicional galega  creado en Asados, Rianxo, na década dos 50.  Foi fundado por Xosé Romero, que adicou  toda a súa vida á música tradicional, non so compoñendo e tocando, se non tamén cunha grande bagaxe didáctica. Implicou dende un principio a toda a súa familia, comezando pola súa inseparable Maruxa Miguéns. Xuntos percorreron, escenarios, torreiros, procesións e alboradas de todo o noso país. Foron pioneiros e precursores á hora de integrar á unha muller no cuarteto, sen dúbida, algo excepcional na época.

No grupo Os Rosales, Maruxa presentaba as pezas, cantaba e tocaba varios instrumentos de percusión, e desempeñou esa labor dun xeito maxistral, acadando un grande protagonismo nas súas actuacións. Os fillos de Maruxa e Xosé compartiron a paixón pola música tradicional  transmitida polos seus pais. Xuntos converteron Os Rosales nun grupo basicamente familiar que xamais deixaría de evolucionar, chegando a ser un dos cuartetos máis admirados na contorna.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar