![Podcans #46](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/b0c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/6002aeb458-chuli-2.jpg)
Podcans #46
Dom | 21:00 | 21:26
O educador canino de Podcans, Diego Álvarez, conta nesta ocasión con Edurne Sánchez Alonso, xestora de The Hempy Dog Company para explicar que son e que beneficios reporta o uso dos denominados CBDs ou cannabis terapeútico no coidado de cans. Como explica, trátase de produtos que se extraen do cáñamo, "son seguros e legais cento por cento". Son múltiples os usos e beneficios que enumera no programa.
En canto á imaxe escollida para este podcast, é 'Chuli' unha cadela que actualmente e tras o falecemento do párroco de Raxó atópase na Canceira de Poio á espera de ser adoptada.