Podcans #41
Dom | 21:00 | 21:31
O educador canino Diego Álvarez pasa a testemuña a Ángel García, técnico de equitación e propietario do Centro Lecocq de Campañó, para que fale dos cabalos; animais aos que adestra, aos que lles resolve "resabios" e cos que ensina tamén equitación.
A imaxe que acompaña ao programa corresponde a Fiz, un podenco dun ano de idade, máis ou menos; cinco quilos e medio de peso, con potente instinto de caza, sociable con cans e persoas e sen castrar xa que leva pouco tempo coa Asociación Cadeliños, á que debe remitirse aquela persoa interesada na súa adopción.