Cara a cara #209: Okupacións, con Eloy Artime
Mér | 21:00 | 21:31
Falamos co avogado, ex decano do Colexio de Avogados de Pontevedra e ex presidente do Consello da Avogacía Galega, Eloy Artime, sobre okupacións. Este pasado setembro o Congreso rexeitaba unha moción que propoñía un endurecemento de penas, axilización das desokupacións e medidas para a poboación vulnerable. Esta negativa, sinala Artime, "contradise" cunhas Instrucións dese mesmo mes, da Fiscalía Xeral do Estado que preteden axilizar os desaloxos.