Rumboia #140: Pandeiromus

Rumboia #140: Pandeiromus

Mar | 20:30 | 20:44

O grupo Pandeiromus, da os seus primeiros pasos en 1992 e dende aquela dedicouse a percorrer Galicia escoitando historias, retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a tradición musical galega. Desde sempre sentíronse atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que atraían o seu ánimo. No 1999 ve a luz o seu traballo discográfico  'En conserva', un disco onde o grupo canta ao vivo, acompañados por instrumentos de percusión  como pandeiretas, pandeiros e distintos  obxectos como latas de carburo ou de pementón...

Con todo o material recollido e traballado ao longo dos anos, o grupo Pandeiromus  foi conformando un amplo repertorio que amosa en cada un dos seus discos e concertos, nos que podemos coñecer o seu talento vocal e instrumental. 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar