Rumboia #131: Ludovaina

Rumboia #131: Ludovaina

Mar | 20:30 | 20:43

Ludovaina é un cuarteto tradicional de música galega. En decembro de 2003 comezaron ensaios para tocar nos entroidos de  Pinténs,  Hío (Cangas) e foi onde decidiron seguir adiante co grupo. O seu estilo é o tradicional, aínda que no seu repertorio atópanse temas propios. É un cuarteto que como eles din tratan de manter a "esencia dos vellos  gaiteiros". 

Tras varios cambios entre os seus integrantes, en 2013 lanzan o seu primeiro traballo 'Bicos, abrasos e apalpasos', "fármaco musical" co que pretenden chamar a atención de oíntes doutros estilos musicais e dar aire novo á música tradicional galega.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar