Podcans #37
Dom | 21:00 | 21:25
O educador canino Diego Álvarez trae para esta edición as distancias de interacción co can e explica en que consiste e como se traballan a distancia de atención social, a distancia individual e a distancia crítica. Non faltan á recomendación dun libro ou vídeo didáctico, unha frase e a imaxe do can que pode ser adoptado. Neste caso trátase dunha femia chamada Nela - que se atopa no CAAN -, ten aproximadamente dous anos; está esterilizada, e é sociable e cariñosa. Pódese xestionar a adopción a través de Adopcións Galicia, contactando con Montse ou Gussy nos teléfonos 611679986 e 660817079.
E unha mención especial para Charo Sánchez, que durante as semanas de confinamento converteuse nunha fiel seguidora de Podcans. Charo é ademais guía de tres cans: Leo, de nove anos; Lúa de tres anos e Osa de catro meses.