Rumboia #120: Camerata Meiga

Rumboia #120: Camerata Meiga

Mar | 20:30 | 20:43

Grupo folk ourensán que sacou o seu primeiro disco en 1999, Habelas, hailas, (Resistencia, 1999) e que formaron os ex-compoñentes de Xeque-Mate Víctor Gil, Carlos Iglesias, Miguel Forneiro e Tino Mojón, aos que se uniron nesta nova formación Xosé Amador, Nacho Casas e Rubén Giorgis. Para alén da ampliación de compoñentes, Camerata Meiga tamén supuxo unha medra no abano instrumental, coa incorporación de instrumentos pouco frecuentes nas formacións folk galegas, coma rabel ou laúde. No disco colabora a cantante portuguesa Amélia Muge e a obra supón un achegamento á nosa tradición dende perspectivas diversas, o que resulta nun traballo encadrábel na world music.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar