
El club de la esquina #112
Xov | 22:00 | 23:00
Aínda que Queen entraran no panorama musical en 1970, cinco anos despois, a crítica musical colocábaos no momento álxido da súa traxectoria. A finais de 1975 publicaron o álbum 'A night at the opera', un dos 500 mellores álbums da historia segundo a revista Rolling Stone. Moi diferente soaba España, cunha debutante Lolita Flores aos dezasete anos e a canción melódica 'Amor, amor'. E do sur ao norte, onde Mocedades engadían outro título á súa exitosa carreira con 'Secretaria'.