Rumboia #115: Grupo de Música Tradicional do Igaem

Rumboia #115: Grupo de Música Tradicional do Igaem

Mar | 20:30 | 20:42

O Grupo de Música Tradicional do IGAEM, que ten as súas orixes en 1990 como corpo de gaiteiros do Ballet Galego Rey de Viana, compaxina o seu labor de acompañamento musical da compañía, coa preparación e execución dos seus propios concertos e coas actuacións que ofrece en diversos actos institucionais e protocolarios.

O Grupo de Música Tradicional do IGAEM ten tres discos compactos no seu haber: o publicado en 1993 como 'Grupo de Gaitas do IGAEM' (reeditado en 2002 baixo o título de Grupo de Música Tradicional do IGAEM) e 'Alba de abril', editado en 2001 e no que incorporan as súas propias voces.

Xosé Ramón Bugliot Hernández: gaita, frauta traveseira, frauta de pico, pandeiro e voz. Xoán Carlos Rilo Fraga: gaita, tamboril, cunchas e voz. Daniel Romero Cajigal: gaita, violín, bombo e voz. Xosé Lois Romero Cajigal: acordeón, tamboril, tarrañolas, bombo e voz. Carlos Taboada Pan: gaita, zanfona e voz. Xosé Taboada Sánchez: gaita, clarinete, pandeiro e voz. Xesús Vaamonde Manteiga: gaita, zanfona, violín, pandeireta e voz. Eduardo Sisto Mellid: percusión. No ano 2004 publicaron o disco 'Po ir ao baile'.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar