Rumboia #109: Matto Congrio

Rumboia #109: Matto Congrio

Mar | 20:30 | 20:43

Un único disco foi o legado de Matto Congrio, un proxecto que desbordaba inxenio musical e que editaron no ano 1993. Un traballo discográfico gravado entre Dublín e Madrid no que participou tamén o lider de The Chieftains, Paddy Moloney. Matto Congrio desapareceu e derivou, por unha banda, no traballo unipersoal de Carlos Núñez e por outro lado, na aparición dunha banda que sería auténtico referente da música galega: Berrogüetto. Na súa breve história, Matto Congrio estivo formado por Pancho Álvarez, Isaac Palacín, Diego Bouzón, Anxo Pintos, Santiago Cribeiro e Carlos Núñez. Reiterpretacións frescas de temas tradicionais e algunha creación foi o legado que Matto Congrio aportou na súa única gravación.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar