
Sangre Fucsia #197
Lun | 19:00 | 19:49
Sangre Fucsia dedica o programa á soltería e titúlao co insulto de solteronas. A soltería non é incompatible co amor, nin moito menos co sexo; pero si supón un desafío á 'parejocracia'. 'Parejocracia': estrutura invisible que considera que a parella é o estado natural do ser humano e que mostra desvantaxes psicolóxicas, sociais, económicas… a quen se lle resiste.
No programa destacan as múltiples vantaxes de estar solteira. Escritoras como Vivian Gornick (que si chegou a estar casada) ou outras que permaneceron sempre solteiras, como Emily Dickinson, Jane Austen ou Louisa May Alcott. Jo March, o personaxe máis emblemático de May Alcott representa a reivindicación máis activa da soltería, especialmente na nova versión Mujercitas, escrita e dirixida por Greta Gerwig. Para finalizar, recomendan algúns cómics que teñen como fío condutor ás solteronas.