Ponte en el mapa #2: Irene Milleiro Díaz
Ven | 20:00 | 20:15
Irene Milleiro Díaz é directora europea da coñecida plataforma Change. org. Incorporouse en 2011 e reside en Madrid desde 2004. Con 17 anos saíu da cidade do Lérez cara a Bilbao para estudar Dereito en Deusto. A partir de aí foi un non parar: Italia, onde cursou un Máster en Dereitos Humanos e Democracia; outros meses de prácticas en Copenhague e posteriormente varios anos en Bruxelas.
En 2019 La Otra Crónica incluíaa como unha das 50 gais máis influentes do ano. En 2017 foi Premio Mujeres a Seguir e entre 2015 e 2017 estivo entre as 100 mulleres top do portal Mujeres&Cía.