Rumboia #103: Kérkennai

Rumboia #103: Kérkennai

Mar | 20:30 | 20:44

Desde a Baixa Limia o grupo Kérkennai lanzou, no ano 2013, o seu terceiro traballo discográfico: 'Un soño cotián de bolboretas'.  Foi o primeiro disco da banda desde 2007, no que continúa a aposta polo folk cun son no que se atopan o violonchelo, a frauta, as guitarras ou o bouzouki, alternando sons tradicionais con incursións en xéneros coma o jazz. Os nove temas graváronse nos estudios Phonos da Estrada e o disco foi autoeditado. O traballo contou coas colaboracións de Uxía, Pablo Díaz e Pedro Pascual entre outros.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar