Rumboia #90: Pablo Quintana

Rumboia #90: Pablo Quintana

Mar | 20:30 | 20:44

No ano 1982 a editorial Ruada publica este traballo discográfico, referente na música galega, autoría de Pablo Quintana. 'O Cego Andante'  converteuse  axiña nun dos espellos onde se miraron moitos músicos e grupos para trazar a súa senda na música gallega. Pablo Quintana reinterpretou temas tradicionais e tivo especial atención a romances que, acompañados coa zanfona, pasarían a converterse en repertoiro indiscutible para todas as persoas que se achegaron a este instrumento de corda. O disco 'O Cego Andante'  fai un repaso por melodías e cantigas recollidas en diferentes puntos da Galiza e o panorama sonoro debúxase cun amplo abano de instrumentos propios da nosa música.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar