
Sangre Fucsia #192
Lun | 19:00 | 19:48
Desde que no século XVIII e XIX o alpinismo convértese en deporte, as mulleres estiveron aí. Damas victorianas e eduardianas como Lucy Walker; sufragistas como as estadounidenses Annie Smith Peck e Fanny Bullock Workman. Nos últimos anos, as mulleres que viven e traballan nas saias das montañas decidiron tomar a cima. É o caso das coñecidas como cholitas escaladoras de Bolivia. En Nepal, as sherpanis tamén traballan como carrexadoras e guías, atopamos nomes como Pasang Lhamu Sherpa, a primeira nepalí en alcanzar o cume do Everest.
Mirando ás entrañas da montaña. En 2013 a expedición de “astronautas subterráneas”- extraeron da cova surafricana Rising Star restos do Homo naledi, unha nova especie humana que trastornou a interpretación da historia da evolución. Na súa vertente de deporte-ciencia, e en España, Providencia Mitjans é a primeira muller que realizou un descenso espeleológico, en 1908, e Eva Illing, en 1913, convértese na primeira en relatar a súa aventura. En épocas máis recentes, destaca Carmen Portilla, especializada en espeleobuceo e directora do programa ‘Al filo de lo imposible’.